16:00 H – Exposición | Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes de Federico García Cabezón | Ver máis
17:00 H – Poesía | A Faia de Ponto cos poetas Alba Cid e Estevo Creus en diálogo co músico improvisador Xosé Miguélez | Ver máis
19:00 H – Homenaxe a Carlos Oroza polo seu centenario (1923 – 2023) | Ver máis
21:30 H – Música | Xackal | Ver máis
22:30 H – Música | Ataque Escampe
23:30 H – DJ | Jas Processor
09/10/11:00 H – Ruta | Avistamento de paxaros dos Eidos con Xavier Vázquez Pumariño | Ver máis
12:00 H – Lectura Danzada | «Em torno da árvore, estendia-se o jardim nascente» con Eva Valle, Nieves Neira Roca, María Grandío, María Corral Fernández e Beatriz Rodríguez Morales | Ver máis
13:00 H – Poesía | «Nós herdámos as margens: Dos Eidos de Uxío ao rio da escrita de Llansol» con João Barrento
14:00 H – DJ | Tristón | Ver máis
16:30 H – Cine | Arredor de Zumiriki de Oskar Alegría e José Manuel Sande | Ver máis
18:30 H – Poesía | Recital con Eva Veiga, Ana Romaní e Marina Oroza | Ver máis
20:15 H – Música | Rio Lagares
22:00 H – Música | Rhome | Ver máis
23:00 H – Música | Radio Océano | Ver máis
00:00 H – DJ | Tristón | Ver máis
01//AGOSTO
Ruta Ámeto Mítico en colaboración con Marcos Reinoso (Pía Páxaro) e Nieves Neira.
19//AGOSTO
Laboratorio veciñal en colaboración con Rente ao Couce e Marcos García
Todas as actividades son de balde previa inscrición no correo administracion@uxionovoneyra.com
O Festival dos Eidos lembra un libro aberto e comunal e celebra os seus “lugares íntimos, os máis convividos, dos que se ten longa experiencia, hábito de longa presencia, os que un leva estampados dentro”, como os definía Novoneyra.
A horta, o curral, a fonte, a aira, o souto, a escola… todos os espazos que cinguen a casa natal do poeta na aldea de Parada do Courel, tórnanse escenarios dunha cita que reivindica a paixón polo canto e a palabra poética expandida, salvaxe, escénica e en diálogo con outras artes.
En cada edición, un espazo especial para as artistas da propia serra. Cada vrao, a presenza dos vellos amigos, e dos novos. Que se Galicia está chea de “tolos dos Eidos”, como dicía Uxío, o festival xa ten tamén as súas presenzas certas.
Os Eidos xira á volta deses lugares de pertenza nas terras altas da montaña luguesa. Dende eles irradia unha programación de vangarda, intensa, múltiple e aberta que busca seguir fundando o lugar da palabra e das artes no espazo dunha aldea e dunha serra que chama pola viabilidade e pola permanencia.
«Conciertos en los viejos corrales, proyecciones audiovisuales en la planta superior de una pequeña escuela abandonada, de suelo de madera, exposiciones fotográficas en las habitaciones que antes fueron cuadras o graneros…»